Volve o Teatro

Concello de Muras | Volve o Teatro |

A cita: este domingo ás 17:00 na Casa do Médico. Virá unha estupenda compañía de teatro, O Pico do Castro, como parte da nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo .

Dezanove compañías –catro máis que na última edición- ofrecen as súas representacións no marco deste programa: Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Curuxan (Lugo), Nova Escena Teatro (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Trocos (Castro de Rei), Pico do Castro (Foz), – a que vén a Muras- Alentía Teatro (Palas de Rei), A Mariña (Cervo), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Metátese Teatro (Palas de Rei), Os Pinchacarneiros (Lugo), Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte).

A responsábel de Cultura da Ddeputación, Maite Ferreiro, lembra que “a inicitiva tende a man a que concellos e asociacións podan programar de balde, colaborando coa cesión de espazos e dando o apoio que os grupos de teatro afeccionado precisan, especialmente despois dun ano complicado”.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais