Como ben sabedes, o 3 de novembro celébrase o III Trail das Bestas, a proba deportiva máis grande que temos en Muras da que tedes toda a información premendo no link. Esperamos moitos visitantes ao noso Concello que virán a coñecérmonos e, por iso, gustaríanos a implicación de todo aquel e aquela que esté interesado e teña ganas de colaborar. Así poderemos ofrecer a nosa hospitalidade a todas as persoas que nos visiten.
Que farán @s voluntari@s? Fundamentalmente colaborar nos avituallamentos e tamén na zona de saída e meta na Veiga. Haberá un agasallo para cada un/unha: bolsa do corredor, gorro polar, calcetíns conmemorativos da proba e un tarro de mel do bo!!! Se queredes vir a axudar só tedes que enviar un email a organización pablo@marmaroutdoor.es e poñeránse en contacto con vós. Esperámosvos o 3 de novembro!!! 🙂