Volta o Campamento de Nadal BricaMuras

Concello de Muras | Volta o Campamento de Nadal BricaMuras |

Para botar unha man coa conciliación familiar nestes días intensos organizamos, como cada Nadal, un campamento. Desta volta será os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2025.

Está feito para cativada e adolescentes de 3 a 16 anos que serán atendidos por monitoras dende as 10:00 da mañá ata ás 14:00 da tarde. Chamade ao concello para calquera dúbida. Deixamos cartaz e o documento coas AUTORIZACIÓNS que deberedes cubrir en caso de estar interesados.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais