Vista do alumnado de Friol

Concello de Muras | Vista do alumnado de Friol |

Agradecid@s pola visita desta mañá de alumnado e profesorado (Modesto Fernández + Rosa María Gómez + María Carme Pernas) do CIP LÓPEZ SUÁREZ do Concello de Friol.

Charla co alumnado na Casa do Médico

Estiveron en #Muras para coñecer das boas prácticas coas renovables. O alcalde, Manuel Requeijo, falou con eles na Casa do Médico para explicarlles cómo conseguise reconducir unha situación complexa coa posta en marcha de axudas directas ao pago da factura da luz condicionadas ao nivel de renda, o que permite abaratar o recibo doméstico cun impacto económico e enerxético na vida da veciñanza. Muras que alberga no seu termo 20 parques eólicos desenvolvidos entre 1995 e 2009. Con algo máis de 163 km cadrados hai unha potencia instalada de 485 MW repartidos entre 381 aeroxeradores das empresas Acciona, Endesa, HEI do Arnoya SL, Iberdrola e Norvento.

Despois achegáronse ata as instalacións do parque eólico de Norvento Enerxia 👆 a cuxo persoal agradecemos tamén a implicación.

😉 SEMPRE BENVID@S! 💥

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais