Visítanos Vero Rilo con “Lavandeiras”

Concello de Muras | Visítanos Vero Rilo con “Lavandeiras” |

As mulleres á beira do río e das fontes, fregando roupa e sabas, tecen unha estampa que se repetiu ao longo da historia. Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense e Vero Rilo recolle parte dese patrimonio oral.

Vero é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso e dende 2013 leva contando contos, historias de vida e outras lerias para todo tipo de público. A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta.

Estará cando nós este VENRES 3 DE OUTUBRO da man de Culturactiva e como parte do programa de Dinamiz- ARTj .Punto de encontro: Casa do Médico, ás 18:00… comeza a función!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais