Non vos perdades esta visita didáctica gratuíta guiada polos etnógrafos Mario Saavedra, Fernando Arribas (na imaxe) e José Manuel Blanco. Será o sábado 3 de decembro con saída de autobús diante do Concello ás 10:00 horas e volta ao remate. Hai 16 prazas. Coñezamos o noso patrimonio! 🙂 Visitaremos: Cruceiro diante da Casa do Concello, Cruceiro do Cemiterio, Cruz diante da Igrexa de Muras, Cristo da Igrexa do Burgo, Cruceiro do Coto (A Xestosa), Cruceiro da Capela de San Antón, Cruceiro e Cruz de Leganitos, Cruz de Penabril ( Estrada Paleira- Viveiró), para a continuación ir ao Viveiró e visitar Cruceiro do Adro dentro do Cemiterio “Cruz de Francisca” e coñecer finalmente algunhas cruces pola parroquia.