Visita a obras e traballos de mellora no concello

Concello de Muras | Visita a obras e traballos de mellora no concello |

A deputada provincial Mónica Freire estivo o pasado venres 15 de outubro xunto co alcalde Manuel Requeijo para ver como quedaron as obras de reparación e mantemento da vía de acceso ao Pastizal dende o Campo do Cura, na parroquia de Balsa. É importante porque dá servizo as familias gandeiras da zona que levan os animais ao monte. Os traballos melloraron a vía cunha capa de saburra de 20 centímetros e na limpeza e perfilado das marxes, ademais da limpeza dun paso canadiense.

O proxecto contou cun orzamento de máis de 15.000 euros dos cales Medio Rural da Deputación de Lugo achegou 12.600. Trátase dunha obra que repercute directamente na veciñanza dunha zona gandeira centrada en actividades extensivas, un modelo que ten valor ambiental e social e que é unha das sinais de identidade de Muras. Manuel Requeijo lembra que eran “melloras moi necesarias e demandadas pola veciñanza, xa que este vial de algo máis dun quilómetro dá servizo a toda a parroquia da Balsa, onde 25 familias se desprazan a diario para acceder ás súas granxas e para desprazar gando ao pastizal”.

Tamén aproveitouse a xornada para visitar os arranxos feitos no colexio de primaria CEIP Antía Cal xunto coa directora do centro, Raquel Blanco López (imaxe de apertura), nos que se investiron 21.000 euros.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais