Aquí vos deixamos un programa ben completiño para compensar a falta dela no 2020, e feito en colaboración coa Casa do Mel de Goente-As pontes.
Hai para tod@s, coma sempre, e para tódalas idades: obradoiros, magostos, a V Cata do Mel, música de charanga, postos de mel, queixos e pan, actividades para os cativos e showcookings. Os nosos locais de hostalería funcionando a pleno rendemento e ata unha carpa pulpeira. Planazo no Viveiró!
Ide reservando o sábado 20 de novembro e o domingo 21 ocos na vosas axendas. Alí nos vemos!