Vacante no posto de Xuíz de Paz

Concello de Muras | Vacante no posto de Xuíz de Paz |

Queda VACANTE o cargo de XUÍZ DE PAZ titular do Concello de Muras. Corresponde ao PLENO do Concello elixir as persoas para ser nomeadas. Os requisitos básicos para ser xuíz de paz son:

  • Ser cidadán español.
  • Ser maior de idade.
  • Non ter causa de incapacidade ou de incompatibilidade para desempeñar funcións xudiciais, aínda que pode ter a súa propia actividade profesional ou mercantil e non é necesario que dispoña do título de licenciado en Dereito.
  • Ser nomeado seguindo procedemento establecido legalmente.

Ábrese un prazo de DEZ DÍAS HÁBILES para que as PERSOAS INTERESADAS solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía. En caso de non presentarse solicitudes, o Pleno elixirá libremente comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia.

Neste enlace tedes máis información sobre QUE É ser Xuiz de Paz (non cómpre formación en Dereito) https://www.xustiza.gal/xuices-de-paz. Tamén deixamos o BANDO da alcaldía.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais