Tras do parón obrigado de 2020 retomanos á nosa Romaxe. Mantendo as normas sanitarias e os protocolos dictados esforzámonos ao máximo para facer desta volta unha experiencia estupenda, completa e moi entretida para todos os que veñades a pasar o sábado!
Abaixo tedes o cartaz coa programación que, como vedes, ocupa todo sábado dende as 11 da mañá ata ben entrada a noite, porque temos observación noctuna do ceo, xa que agora Muras é concello #Starlight.
Mostra de artesanía, obradoiros infantís e para adultos, monicreques, música e charlas….COMA SEMPRE PARA TODOS OS PÚBLICOS. Enxogate impartirá o obradoiro para os peques “Xoguetes e Enxeño” na carpa da música, dende as 12:00 e cada media hora, con grupos de 6 nen@s. Outro dos que podedes disfrutar é o de Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais “Elaboración dun Pandeiro”, pandeiro que vos levaredes a vosa casa. Son prazas limitadas e custa P.V.P 45€. Nos dous casos apuntádevos na propia carpa E ás 16:00h na carpa da música A Gramola Gominola , Rock&Roll en galego para público cativo, e Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Seguidos do marabilloso Teatro de Marionetas Trécola e da actuación do coñecido músico coruñés Xabier Díaz con Adufeiras de Salitre. Ah! E haberá Photocall!