De volta este ano por Muras! Primeiro informarvos que o sábado 6, domingo 7 e xoves 11 de maio, os PILOTOS farán PROBAS de recoñecemento polos tramos que pasan polo concello.
Despois anotar que este Rallye, con base en Viveiro, será os días 12, 13 e 14 de maio (venres, sábado e domingo). Sendo a terceira proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2023 constará de 5 treitos diferentes, todos eles a doble pasada, sumando un total del 106,30 km cronometrados e 362,39 km.
A súa base estará no Concello de Viveiro pero tamén transcorre polos concellos de Xove , Cervo, O Vicedo, o noso de Muras e Ourol. Se hai VOLUNTARIOS para axudar coa organización apuntádevos no concello!