Un CIM Móbil visita Muras

Concello de Muras | Un CIM Móbil visita Muras |

Os CIMs Móbiles son un furgonetas que funcionan como servizo itinerante con profesionais que achegan apoio psicolóxico, social e xurídico ás mulleres. Percorren Galicia en catro vehículos equipados para ofrecer información, asesoramento e acompañamento profesional. Onde operan?

  • Concellos sen CIM: Vilas que non contan cun Centro de Información á Muller físico.
  • Universidades: Nos sete campus das tres universidades públicas galegas.

O servizo está aberto a calquera persoa que precise información con especial prioridade en:

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero (e os seus fillos/as ou dependentes).
  • Mulleres vulnerables ou en risco de exclusión social.
  • Colectivos LGTBI, familias e contorna.
  • Asociacións de mulleres e grupos que demanden información.

Mañá 2 de xullo estará en Muras de 9.30 a 14.00 na Praza do Concello.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais