Treito do Camiño Nordés Ourol-Muras

Concello de Muras | Treito do Camiño Nordés Ourol-Muras |

Anotade na axenda e reservade oco para o sábado 21 de maio. Co calzado axeitado e ganas de gozar dunha xornada especial coñeceredes a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela e que se está a recuperar: dende Viveiro ata Vilalba.

Sairemos ás 9 de mañá dende Ourol, pasando por Sabucedo e a Gañidoira e seguindo ata Muras, onde haberá un xantar no Restaurante Santi para repoñer forzas. Tedes toda a información para anotarvos no cartaz. Contamos contigo!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais