Anotade na axenda e reservade oco para o sábado 21 de maio. Co calzado axeitado e ganas de gozar dunha xornada especial coñeceredes a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela e que se está a recuperar: dende Viveiro ata Vilalba.
Sairemos ás 9 de mañá dende Ourol, pasando por Sabucedo e a Gañidoira e seguindo ata Muras, onde haberá un xantar no Restaurante Santi para repoñer forzas. Tedes toda a información para anotarvos no cartaz. Contamos contigo!