Como xa sabedes, os veterinarios seguen facendo o seu traballo como sempre, polo que aquelas explotacións de Muras que chaman para poñer os crotais están atendidas igual que antes do estado de alarma.
Pero aquelas persoas que pasaban polo Concello para que o Gabinete Técnico Terra Chá dese as altas e baixas de becerros, agora non poden pasar polas oficinas do concello nen polas do Gabinete. Para solventalo, os veciños e veciñas con explotacións gandeiras que necesitan facer algún trámite na oficina virtual agraria, poden chamar ao teléfono fixo do Gabinete: 982 523 649 desde as 10.00 da mañá ata as 14.00. Tanto para dar altas e baixas de gando como para calquera consulta sobre Medio Rural. Saúdos!