Tícket eléctrico social de Galicia: información

Concello de Muras | Tícket eléctrico social de Galicia: información |

Informámosvos desta axuda, diferente da do Concello -que vai dirixida a toda a veciñanza- e incompatible. Pero é importante e debedes coñecela. A axuda económica da Xunta subvenciona parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).

Contía: unha cantidade fixa de 180 € ao ano para as unidades que cumpran os requisitos, e de 300 € ao ano para as que acrediten ser, ademais, familia numerosa.

Gastos subvencionables: as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2016 e o 30 de xuño do 2017. No caso de que unha factura abranga un período que saia deste período considerarase subvencionable o custo rateado dos días incluídos nel.

Requisitos das persoas beneficiarias:

  1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas con discapacidade con un grado igual ou maior ao 33 %.
  3. Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
  4. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2015 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do IRPF. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do IRPF no 2014, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 380 (base impoñible xeral) e 395 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2015.
  5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.
  6. Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

Prazo de presentación: Do 17 de xaneiro ao 15 de xullo de 2017. Para calquer información ou dúbida, podedes dirixirvos tamén aos servizos sociais do Condello.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais