“Por unha peseta”, narrando as nosas tradicións

Concello de Muras | “Por unha peseta”, narrando as nosas tradicións |

Vero Rilo e Faia Díaz amósanos traballo onde voz narrada e cantada se achegan para narrar historias de vida recollidas no noso entorno e no universal. Unha peza narrada que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente. Por unha peseta lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, pero coa visión de hoxe, respectando os seus saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.

A compañía de nova creación Apatacón ven da man da vocalista Faia Díaz (Coro Encaixe, De Vacas…) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique…) onde se xuntan por gusto e querencia investigando os límites e puntos de encontro das súas disciplinas de orixe para achegalos ata diluidos.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais