Teatro e circo revelde

Concello de Muras | Teatro e circo revelde |

Tomade nota para este sábado 26 e domingo 27, temos plan en Muras!!

Primeiro o sábado 26 cunha obra de teatro familiar, ROSALÍA. Moito máis que un achegamento teatral á vida e obra da poeta. Nesta montaxe os nenos descubrirán unha nena alegre, forte e curiosa que vive e goza o país da infancia. Unha obra pensada por un equipo de mulleres intensamente ligadas ao teatro. Ás 18:00 na Casa do Médico.

E ao día seguinte, domingo 27, visítanos Isla LeTriska. Desde a ilusionante escena do Novo Circo galego, en máis dunha década de carreira xamais se acomodou nunha mesma vertente artística. Mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público. Gozaremos cun universo creativo versátil, cheo de sorpresas. Tamén ás 18:00 na Casa do Médico.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais