Volve o teatro con maiúsculas a Muras coa revisión dun clásico contemporáneo, “Poeta en Nova York” o poemario de Lorca adaptado ao teatro dirixido e protagonizado pola produtora e actriz Paloma Lugilde, con Dani Lago e Raquel Velasco.
Tres personaxes dende un faiado en Granada ata unha azotea de Nova York nunha proposta escénica contemporánea, con experimentación e honestidade. Unha viaxe co poeta granadino vencellada coa nosa realidade e recollendo denuncia e compromiso social xogando cun espacio escénico que desenvolvese en 360 graos co público. Non vola perdades!