Teatro, “A tortilla e a peste”

Concello de Muras | Teatro, “A tortilla e a peste” |

Ven este sábado ata Muras o Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, a representar unha obra na que varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento de 2020. Pero nada triste, é para pasar un bo rato, unha comedia para todos os públicos á que vos convidamos a vir, unha peza dirixida por María Márquez cun texto de Xoan C. Laxe, parte do estupendo circuito afeccionado de Teatro da Deputación de Lugo.

A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais