No medio do Camiño de Santiago atopamos unha taberna, e sobre todo a unha taberneira, como hai poucas. Susa rexenta o seu local cando un día, dous homes que caen por alí -o aldeán Don Florencio e o peregrino a Compostela Don Sereno-, loitarán por un amor repentino cara ela, tan repentino como a herdanza que lle chegou á taberneira. A quén escollerá Susa nesta cómica batalla medieval cun argumento ben atemporal?
Risas garantidas para todos os públicos, cativos e algo menos cativos, maiores el algo menos maiores. Vinde a botar a tarde do domingo 1 de outubro cos actores Miguel Fernández, Ana Casas e Diego Madero, de Dinamia Teatro!!