Separemos ben, reciclaremos mellor

Concello de Muras | Separemos ben, reciclaremos mellor |

Queremos achegar a importancia que ten que veciños e veciñas vos impliquedes coa recollida selectiva. Por iso, o luns 2 de xaneiro de 11:00 a 14:00 haberá unha carpa informativa de 3x3m enriba do Centro Social. Alí teredes canta información precisedes sobre a campaña “Oportunidades Galicia – Separemos ben, reciclaremos mellor” (cartaz-reciclaxe) promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama en colaboración con Ecoembes e co Concello de Muras. Haberá agasallos para @s que veñades. Alí nos vemos!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais