Poñemos en marcha esta iniciativa para animar e fomentar a visita de turistas e viaxeiros ata o noso ao municipio. Que poidan coñecer a beleza das paisaxes e disfrutar da luz das estrelas promovendo o astroturismo e, ao tempo, dar un pequeno impulso á economía local. Sobre todo ao noso sector da hostalaría, profundamente prexudicado polas consecuencias derivadas da pandemia da COVID-19.
Sabemos que queda traballo por diante para conseguir que o turismo sexa un sector destacable entre as actividades económicas do concello e axude a desenvolver iniciativas empresarias entre a veciñanza. E así axudar a fixar poboación nos territorios interiores de Galicia. Pero coidamos que imos camiñando ata conseguilo. Os obxectivos da campaña son:
O turismo de natureza supón unha enorme oportunidade de contactar coas raíces e actuar de compensación ante a “comodidade” do hábitat urbano e o seu ritmo de vida. Aquí adquiren relevancia parques naturais, reservas protexidas, ecoturismo, medio rural, agroturismo e o involucramento da poboación local.
E o astroturismo xorde como unha modalidade de turismo responsable que combina a observación do ceo nocturno, a divulgación e as actividades de lecer de ciencia e astronomía. Pero tamén é un recurso para potenciar territorios con menos posibilidades que teñen unha oportunidade de incrementar visitantes. Dende decembro do ano pasado o noso concello ten o certificado “STARLIGTH” que acredita que temos excelente calidade de ceo e escenarios que incorporan a observación do firmamento. Unha modalidade responsable, sustentable e innovadora, que promove a creación de emprego de calidade e a diversificación da oferta de empresas e axencias.
Este desenvolvemento non pode entenderse sen a absoluta implicación das empresas do sector. Son un elo de unión cos organismos de xestión turística e os propios turistas, que cada vez con máis frecuencia demandan experiencias auténticas baseadas na protección do patrimonio social, cultural e natural das rexións de acollida. Finalmente, queremos deixar constancia de que o concello de Muras comparte plenamente os obxectivos básicos da Carta Europea para o Turismo Substentable: