Deixamos as bases para a contratación laboral temporal de persoal de prevención e defensa contraincendios e a súa publicación no BOP provincial. Tamén están colgadas no TABOLEIRO DE ANUNCIOS da sede electrónica do concello.
Pódense presentar as solicitudes no prazo de cinco días hábiles, en horario de apertura ao público das oficinas municipais, a partir da publicación do anuncio na web e no taboleiro de anuncios do Concello. O horario de presentación no rexistro do Concello é de luns a venres de 8:00 a 12:00 horas.
Os membros da brigada deberán ter plena dispoñibilidade (incluíndo domingos, festivos, quendas de noite, segundo as necesidades do servizo).
PERSOAL A CONTRATAR A XORNADA COMPLETA: 1 xefe de brigada +3 peóns de brigada + 1 peón condutor con permiso de conducir B.