O domingo 1 de marzo pasará polo noso concello este roteiro organizado pola asociación lucense Cultura do País, cuxo grupo sairá do edificio de Maxisterio, en Lugo.
Ademais da ruta de sendeirismo de case dez quilómetros (pódese facer nunhas tres horas media) haberá DESPOIS un merecido cocido en Casa Vituco. Tedes ata o 28 de febreiro para apuntarvos.
Se queredes ir, escribide a culturadopais@gmail.com ou ben chamade ao teléfono 626 069917.