? Coidamos importante remarcar que ésta é das poucas romerías que quedan en Galicia onde se seguen facendo poxas tradicionais: os fregueses fan doazóns á Comisión de Festas na horna do patrón, sexa unha ovella, un año, un poldro… sempre vencellado co mundo gandeiro e agrícola, para que lles dese sorte ao ano seguinte.
Seguimos mantendo esta fermosa tradición e é máis: esta festa vense facendo ininterrompidamente dende o século XIX, é a única no concello que se mantén ano tras ano, ata durante a Guerra Civil. Cómpre resaltar esa devoción e ese cariño que lle teñen veciños e veciñas da Xestosa ?.
O programa deste 2018: o sábado 9 de xuño, despois da misa solemne⛪ e da procesión, sesión vermú coa orquestra Los Españoles ? , que repite xa á noite ? dende as 22:30. O domingo, despois da misa e procesión, as Recanteiras do Luar e a II Festa dos Callos. Organiza a Comisión de Festas coa colaboración do Concello.
No campo da festa haberá carpa!! Non faltedes! ?✌