Romería San Antonio da Xestosa

Concello de Muras | Romería San Antonio da Xestosa |

Coma cada xuño volta esta fermosa celebración na fin de semana. No cartaz tedes os horarios polo miúdo.

A primeira misa solemne será o venres 12 seguida da degustación gratuita de xamón, chourizos, queixo e pan para quentar o corpo antes da festa e o balie co Dúo Venus.

As tradicionais poxas, sinal de identidade desta festa son o sábado 13 de xuño despois da misa con procesión das 13.00. Os veciños ofrecen ao santo comida e animais vivos para agradecer as boas colleitas e lícitase por eles para recadar fondos. A sesión vermu precede o xantar popular este ano con codillos por 80 euros e, por suposto a troula da noite con orquestras e música disco. Xa o domingo, despois da misa e da procesión acompañada de música tradicional, voltan as poxas e unha sesión vermú final.

Organizadas pola Comisión de Festas coa colaboración do concello e Vicepresidencia da Deputación de Lugo, agradecementos tamén ás empresas colaboradoras!!  

*Imaxe de apertura: Marcos Lopez Alonso

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais