O xoves 30 de MAIO no Centro de Saúde de Muras de 10-14h e de 15.30-19h un grupo de profesionais ópticos fara a REVISIÓN da VISTA a 50 veciños e veciñas de Muras.
Trátase da iniciativa “Sen perderte de vista” da Asociación Visión y Vida, Correos Express e o Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia. Porque o paso dos anos, a distancia respecto dos establecementos sanitarios de óptica e optometría, e mesmo a situación económica e persoal das persoas adoitan pasar factura tamén na saúde dos nosos ollos. Achegádevos e aproveitade!!