O servizo de telefonía móbil de 4ª Xeración que temos en Muras (4G na banda de 800 MHz) pode afectar á recepción de televisión dixital terrestre (TDT). Para solucionalo e garantir que esas estación de telefonía móbil non afecten á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións dos usuarios de TDT: son gratuítas.
O 31 de MAIO finaliza definitivamente o prazo para solicitar estas actuacións gratuítas por parte d@s usuari@s de TDT afectados.
En caso de calquera dúbida e para resolver incidencias, chamade ao Centro de Atención ao Usuario: o teléfono gratuíto 900 833 999.