Malia que o pasado día 2 de agosto non puidemos observar en condicións o ceo pola situación climatolóxica, dende o concello e mais a SGHN cremos que a xente marchou contenta. Pero como faltou o máis importante, imos darlle o ceo a oportunidade que merece. A climatoloxía non depende de nós, pero esperamos que esta vez poidades disfrutar. Repetiremos a cita o vindeiro venres 30 de agosto e con algunha novidade para mellorar o formato!
Agardamos que asistades para disfrutar con nós no camping de autocaravanas do Viveiró (Muras). Como sempre, a inscripción no concello de Muras ou Museo da SGHN, indicando se acampades ou non. TEDES TODO NO CARTAZ. Vémonos! 🙂