Adxuntamos o BANDO que recolle que, do 12 ao 16 de maio, procederase á retirada de plásticos agrícolas nos mesmos lugares que anos anteriores. Deben estar onde teña acceso un camión con remolque, e amoreados de xeito que podan ser cargados pola grúa pulpo.
Importante: debido aos cambios na normativa o residuo plástico non pode conter, e polo tanto non se recollen, voluminosos, sacos de rafia e polipropileno, redes e cordas (polipropileno nylon), neumáticos, envases de plástico vacíos -que xeralmente proveñen de fitosanitarios e xabróns polo que se consideran residuos perigosos-, ou restos de animais mortos.