Dende hoxe a ata o 5 de xaneiro na Farmacia de Muras haberá dúas caixas: unha para xoguetes (novos, usados e libros) e outra para alimentos non perecedoiros, que serán donados a familias en situacións complicadas. O concello organizará despois os envíos para a entidade coa que colaboramos: Asociación Dignidad, que ten sedes en Ferrol e Viveiro onde atende a colectivos en risco de exclusión social; mulleres, familias, infancia e maiores.
Dende o concello de Muras e coa colaboración da Anpa do CEIP Antía Cal, decidimos que entre todos podíamos achegar algo, xa que a asociación atende a máis de 300 familias con necesidades: toda axuda é necesaria.