Raid das Bestas

Concello de Muras | Raid das Bestas |

Este ano, dentro dos eventos da Feira do Poldro, presentámosvos unha novidade apaixonante: un raid social (polo que NON é necesario estar federad@) para dar a coñecer un deporte minoritario e a riqueza paisaxística do Concello de Muras doutro xeito.

Que é un raid ecuestre? unha disciplina na cal se pon a proba a velocidade, habilidade e resistencia física e psicolóxica tanto do cabalo coma do xinete, xa que ambos percorren unha grande distancia nunha xornada atravesando diversos terreos contra o tempo. O xinete debe ter a capacidade de dosificar o esforzo do seu cabalo e levar un ritmo axeitado. Ao final de cada etapa da carreira veterinarios cualificados examinan o cabalo e tómanlle as pulsacións e se superan o permitido, o xinete é eliminado. A carreira será o SÁBADO 21 de setembro e comeza ás 16:30.

Recollida de dorsais e revisión de animais e documentación: de 15.30 a 16.30
Saída: as 16.30. Distancia: 30 quilómetros divididos en dúas etapas de 15 km. Hai premios para os tres primeiros.
Obrigatorio: casco. Os participantes traerán tamén o seu propio recipiente para darlle de beber ao seu cabalo. Prohibido: fusta e esporas.

Prazo de inscrición: do venres 13 de setembro ata o venres 20 de setembro ás 14.00 horas. No teléfono 982 500001.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais