Queremos convidarvos a unha XUNTANZA para tecer na Casa do Médico. Tanto os que xa sabedes coma os que non pero tedes curiosidade polo mundo da lá, da calceta, do ganchillo… achegádevos, non hai idades nin filtros!
Non é clase nin obradoiro senón unha tarde para partillar, COMPARTIR e aprender poñendo en valor unha arte tan cotiá coma milenaria. Podedes traer as vosas labores se queredes para ilas facendo, ou traballos feitos para amosar.
Vinde! Será de 16:00 a 19:00, á TARDE do DOMINGO 9 DE FEBREIRO con café quentiño e doces
INSCRICIÓNS: Vero 658 961505
