Que supón o selo Starlight para Muras

Concello de Muras | Que supón o selo Starlight para Muras |

Recentemente recibimos, dende a Fundación Starlight o seu selo. Esto supón que contamos, como concello, cun sistema de certificación que acredita que temos espazos cunha excelente calidade de ceo e que representa un exemplo de protección e conservación. Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico e fomenta o “Turismo de Estrelas”.

A Certificación permite xuntar ciencia e turismo. Para iso aproveita a astronomía e a visión do firmamento como ferramenta para un turismo sostible. Este Sistema baséase nos principios recolleitos na “Declaración sobre a Defensa do Ceo Nocturno e o Dereito á Luz das Estrelas”.

Aquí adxuntamos para o voso coñecemento:

  • Certificado para Muras como Municipio Starlight.
  • Informe de Recomendacións.
  • Logo para o Concello.
  • Carta da directora.
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais