Publicado listado beneficiarios da axuda a fertilizantes

Concello de Muras | Publicado listado beneficiarios da axuda a fertilizantes |

CONTÍAS:

  • 92,5 euros por hectárea para os cultivos de regadío.
  • 38,33 euros por hectárea para os cultivos de secano.

Para o cálculo da axuda teñen en conta os cultivos declarados, na PAC 2025. (non teñen en conta as pradeiras). E para cobrala hai que ter un mínimo de 100 euros no cálculo.

As persoas que aparecen neste LISTADO do Fondo Español de Garantía Agraria, teñen de prazo ata o 27/07/2026, para presentar a ACEPTACIÓN EXPRESA DA AXUDA, e a DECLARACIÓN RESPONSABLE, que é a que segue. “Con la presentación de esta declaración, el beneficiario manifiesta haber utilizado fertilizantes con fecha posterior al 1 de marzo de 2026 y asume el compromiso de conservar durante diez años las facturas acreditativas de dichas compras, así como los registros correspondientes del cuaderno de explotación. Toda esa documentación debe quedar disponible por si la Administración la requiere en un control.”

Pódese consultar o listado no seguinte enlace:

Consulta pública de ayudas extraordinarias

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais