Próximas visitas da ITV agrícola

Concello de Muras | Próximas visitas da ITV agrícola |

A Unidade Móbil 04 de inspección técnica de AGRICOLAS desplazarase ata o noso Concello nas  seguintes datas e ubicacións:

13/07/2021  Praza do Viveiró (Viveiró)

14/07/2021  A Veiga (Muras)

HORARIO DE ATENCIÓN: de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00.

Para solicitar cita previa: 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com-Cita previa

A esta ITV poden ir: tractores agrícolas e forestais, de rodas ou de ourugas, colleitadoras, rozadoras, motocultores, segadoras e pas cargadoras. Os vehículos agrícolas con menos de oito anos de antigüidade están exentos de pasar a inspección mentres que os que teñen menos de 16 pasarana cada dous anos. Só os vehículos que teñan máis de 16 anos deberán de pasar unha inspección anual. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

A documentación a levar: permiso de circulación, tarxeta de inspección técnica ou certificado de características do tractor ou vehículo, o seguro obrigatorio e a cartilla de inscrición agrícola.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais