Proxección do documental “Digna rabia”

Concello de Muras | Proxección do documental “Digna rabia” |

A Asociación de Mulleres Rurais de Muras, para celebrar o Día Internacional da Muller Rural, proxectarao o luns 14 de outubro ás 19 horas no Local Social.

“Digna Rabia”, realizado en 2011 por Mª Victoria Martins, investigadora da Universidade de Vigo e e Angel Rodríguez, profesor da mesma universidade; é un repaso á soidade das mulleres na posguerra, as dificultades para instruírse e o seu infatigable compromiso co traballo. Son mulleres que contan a súa experiencia co contrabando, coas tarefas do campo, como canteiras, como traballadoras asalariadas, como mozas de servir, costureras e mariscadoras.

Despois da proxección haberá unha charla-coloquio, coa participación da Asociación de Mulleres Rurais de Muras, da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego e do Colectivo Feminista da Terra Cha.

E CHOCOLATE E BISCOTO AO REMATE!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais