Proxección de “Tecido resistente” + Coloquio

Concello de Muras | Proxección de “Tecido resistente” + Coloquio |

Co gallo do 8 de Marzo, Día Internacional as Mulleres, un día antes -o 7- proxectarase no Local Social ás 19:00 este documental feito pola xornalista Marina Chiavegatto sobre as traballadoras da antiga fábrica de tecidos de Présaras, mulleres que gozaron dunha independencia inusual no rural de principios do século XX e coas que puido falar. Elas traballaron en Fiados e Tecidos de Vilasantar, factoría preto do río Tambre que estivo aberta ata que un lume en 1962 destruina. A propia xornalista virá a proxección, unha oportunidade estupenda para falar con ela no coloquio que haberá despois.

Este traballo foi un un dos gañadores do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña, que o subvencionará con 18.000 euros.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais