A fin de semana do 19 e 20 de novembro temos un cartel de luxo! VINDE que pasamos lista!
SÁBADO 19
Concurso de calidade de mel de Muras no colexio do Viveiró.
Relatorio do Doutor en Bioloxía e experto en apicultura JAUME CAMBRA sobre “Control de Varroa en Apicultura Ecolóxica” no colexio do Viveiró. Asistencia gratuita ata completar aforo.
Degustación gratuita de liscos e castañas na carpa do colexio e alí tamén a actuación musical do “Dúo Eclipse”.
DOMINGO 20
Obradoiros infantís na praza do Viveiró.
Mostra de xantares e degustación a cargo de BEATRIZ SOTELO (no cartaz sae Lucía Freitas pero un imprevisto de última hora provocou o cambio).
Pausa xantar na carpao e despois Showcooking de coctelería con mel a cargo do bartender e docente de Restauración Diego Mosquera, ademais dun obradoiro infantil.