Este sábado 26 de xuño volve a festa a Muras. Malia que coa precaución debida a alegría recupérase día a día e o Concello quere seguir coa tradición desta festa tan nosa.
Aquí tedes o cartaz co que hai preparado dende as 12 da mañá, con pasarrúas do grupo tradicional compostelán Carapaus, ata os concertos da noite. Comezan os irmáns Fanego, Dúo Estrelas Light (coñecidos pola súa traxectoria na verbena e a participación no Recantos de Ouro do Luar da TVG) co seu novo formato de actuación adaptado a terrazas e concertos; e o marabilloso peche coas cinco músicas de Banda da Loba. Os fogos artificiais a media noite iluminarán de cor os nosos ceos, xa do esperado verán.
Todo será na Praza de Galeguidade (diante do Concello) e, se chove, nunha carpa na Veiga.
Non faltedes que pasamos lista 😉
*Enmarcado dentro do Pacto de Estado contra a Violencia. Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.