Ponse en marcha de novo este programa creado para que poidan convivir persoas maiores de 65 anos e menores de 16. Os contidos que se farán: accións lúdicas, cognitivas, físicas, lecer e tempo libre e educación para a igualdade.
Entre Xullo e Setembro de 10:30 a 13:30, agás dende o 8 de Setembro que será de 16:00 a 19:00. Será posible anotarse por quincenas (4-15 de xullo, 18-29 de xullo, 1-12 de agosto, 15-31 de agosto). Lugar: Casa do Médico, Local Social e área recreativa da Veiga.
Debaixo do cartaz tedes as BASES para a vosa consulta.