O domingo 20 de maio o Tecor O Balsego organíza esta proba puntuable para a Copa de Galicia xunto coa Federación Galega de Caza e a colaboración do Concello de Muras e Armería Galega (Viveiro).
A proba está pensada para que participen cans de rastro atrelados na modalidade xabaril.
A cita e a concentración previa será no Campo da Balsa ás 9:00 (fronte ao cemiterio). Os 5 premios e o xantar posterior serán nunha carpa que estará na mesma ubicación para maior comodide. A participación será libre, só cómpre ter a licencia de caza federativa.
O prezo da inscrición é de 35 euros, xantar incluido. Tedes toda a información nos documentos adxuntos.