Presentación libro sobre os irmáns Riguera

Concello de Muras | Presentación libro sobre os irmáns Riguera |

Este sábado ás 18:00 e no Local Social virá o autor deste traballo de investigación e recuperación da nosa memoria, José Manuel López Chao xunto co impresor Manuel López Martínez. Un traballo fondo sobre a vida e o traballo destes dous irmáns que emigraron dende Ourol e Muras.

José MarÍa (ao que vemos na imaxe de apertura de LIBROS LAR, é o primeiro á dereita) emigrou en 1870 a Montevideo, onde fundará o Instituto Oriental de ensino superior. Catedrático de Latinidade, escribiu “ Vindicación da Gramática Castelá”, que lle valeu o acceso á Academia Española de Uruguai. Tras seis anos na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Universidade de Montevideo alcanza o grao de Doutor. Foi Presidente da primeira Asociación de Socorros Mutuos de Uruguai, do Novo Casino Español; membro da Comisión fundadora da Xunta Central Española de Beneficencia, da Xunta de fundación do Hospital Asilo-Español e asesor do Consulado de España en Montevideo. Riguera Montero voltaría a Galicia, concretamente ata a Coruña, onde promoveu a delegación da sociedade “Viveiro e a súa Comarca”. Foi vicepresidente do consello de administración de La Voz de Galicia e colaborou en Vida Gallega utilizando pseudónimos. E doou a imaxe de San Pedro para a as festas patronais en Muras.

En canto ao seu irmán, Manuel Riguera Montero (Nogueira-Ourol 1845-1922 Viveiro), exerceu como notable avogado e diplomático. Se queredes saber máis deles, vinde este sábado. Haberá pinchos e boa compaña!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais