Presentación do libro infantil “La abuela de Adrián”

Concello de Muras | Presentación do libro infantil “La abuela de Adrián” |

Este venres Charlie Ruiz Aymarán estará en Muras para presentar unha novela que mestura seres da mitoloxía vasca que apelan ao noso neno interior. Nado en Ibahernando (Cáceres), Charlie estivo sempre vencellado ás artes escénicas adaptando, por exemplo, obras de Lorca e de Benavente para mulleres maiores veciñas do rural.

Neste libro creou unha fermosa historia protagonizada por Adrián, un novel escritor que lembra á súa avoa que vivía no norte. Bótaa de menos por todo o que aprendía a través dos seus contos, uns inventados e outros adaptados, nos que mesturaba antigas lendas con historias reais medievais do reino de Pamplona. A través deles, a avoa ía dando consellos e sentido ás vivencias de Adrián facéndolle recapacitar e madurar.

Achegádevos maiores e pequenos, será un rato moi especial!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais