Ata 15 de xullo de 2026 ESTÁ ABERTO o prazo de solicitude de admisión no Punto de Atención á Infancia de Muras para o curso 2026/2027. Pódese realizar a solicitude de maneira presencial no Concello, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00, ou ben de forma telemática no rexistro electrónico. ADXUNTAMOS documentación precisa abaixo para a vosa descarga.
Para solicitar información: 982 500 001/2
A maiores este LUNS 6 de xullo, de 9:30 a 13:00 e de 14:00 a 16:00, ABRIRANSE AS PORTAS deste Punto de Atención á Infancia para que as familias poidan coñecer as instalacións, o persoal docente, o proxecto educativo…
Para calquera dúbida este é o teléfono de contacto de María, directora do PAI: 615.162.432