Este VENRES 27 de xuño de 2025 dende as 09:30 ata as 13:00 e dende as 14:00 ata as 16:00 horas abriranse as portas do noso Punto de Atención á Infancia para que as familias interesadas en realizar a reserva para o vindeiro curso académico 2025/2026 poidan coñecer as instalacións, o persoal docente, o proxecto educativo,…
Para calquera dúbida deixamos o teléfono de contacto 615.162.432 (Andrea, DIRECTORA do P.A.I.)
Lembramos que a instalación, localizada no propio Ceip Antía Cal, está operativa de 8.00 a 16.00 horas para axudar a mellorar a conciliación atendendo a crianzas de entre 0 e 3 anos.
A maiores, INFORMAMOS DE QUE O PRAZO DE SOLICITUDE de admisións comeza o o día 1 de xullo e ata o 15 de xullo. Podes realizar a solicitude de maneira PRESENCIAL no Concello de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 ou de forma TELEMÁTICA no rexistro electrónico. Deixamos ABAIXO O IMPRESO DA SOLICITUDE para a vosa descarga e uso.
Para solicitar información PODEDES CHAMAR DE MAÑÁ AO 982500001/12.