O PLADIGA define como ÉPOCA DE PERIGO ALTO os meses de xullo, agosto e setembro, máis un período adicional de aproximadamente un mes en función das condicións. Fóra da época de máximo perigo de incendios, para realizar traballos en terreos agrícolas e forestais nos que sexa imprescindible facer uso do lume, será obrigatorio dispoñer destas comunicacións.