Período de cobro do IVI e do IAE

Concello de Muras | Período de cobro do IVI e do IAE |

A Área de Economía, Recadación e Facenda da Deputación de Lugo publicou o ANUNCIO de COBRANZA co prazo de ingreso en período voluntario dos impostos de 2025: dende o 15/09/2025 ata o 17/11/2025, ambos os dous incluídos. Son o Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana, rústica e características especiais e o Imposto sobre Actividades Económicas.

O pago pódese facer en oficinas de Abanca, La Caixa-Caixabank, BBVA, Banco Sabadell e Caixa Rural Galega en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, presentando o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento poden solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento. O ingreso tamén pode realizarse en caixeiros automáticos, internet e banca electrónica ou pagando na Sede Electrónica da Deputación, Portal do Contribuínte. Hai opción de facer xiro postal dende calquera oficina de Correos e se se prefire, o pagamento poderase domiciliar para anos sucesivos.

Os Padróns quedan expostos ao público nos taboleiros de anuncios do concello, da Deputación Provincial e Servizo de Xestión Tributaria e Recadación (Ronda da Muralla, 140, Pavillón 1 27004 – Lugo) durante QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Adxuntamos o edicto e o anuncio de cobranza de recadación.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais