En Muras vivimos ao redor dos nosos cabalos todo o ano, pero ésta é unha data especial: ten máis de 30 anos e reúne xente veciños e gandeiros de toda a comarca baixo as altas árbores do Monte da Gañidoira, a 700 metros sobre o mar. Carreiras de cabalos, artesanía, concurso de gando… Despois de 31 edicións recibiu en marzo de 2019 o recoñecemento da Xunta como Festa de Interese Turístico Galego.
O día dá para todo: para xantar, negociar e gozar vendo ou participando das carreiras de profesioanais e afeccionados e coñecendo uns cabalos que medran prácticamente en liberdade nas serras. Boa parte deles son exemplares de Pura Raza Galega, herdanza dos castrexos, pobos indoeuropeos que habitaron estas terras e que, probablemente, introduciran exemplares de poni de cabeza pequena e ancho lombo. Son animais tan recios coma mansos, que gozan dunha privilexiada vida. A nosa provincia, Lugo, é a que suma un maior número de gandeiros e gandeiras que se dedican a crialos.
Nos curros da Gañidoira tamén negóciase a venda de vacún e de cabras autóctonas, non só de poldros. O movemento de animais e gandeiros, os postos de artesanía, os concursos de tala de troncos, de adestramento de cans, a música e o bo xantar, fan dela unha festa auténtica e moi nosa, pero que nos gusta compartir.
Ademais, tamén é unha data gastronómica das que ter na axenda, porque organizamos as Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, o momento perfecto para probar tapas e pratos cunha das carnes máis saudables do mundo, pero por descubrir para moitos. Hai onde escoller: dende as curadas como lombos, salchichós, chourizos e cecinas, ata receitas quentes e contundentes sobre o plato ou en hamburguesas.
A organización faina o Concello de Muras coa colaboración de Puraga e diversas entidades e asociacións como a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo ou Atila Cabaleiros Muras. Na axenda tamén adoita habe: rutas para a observación do gando no o Xistral, exhibicións de poda en altura e miles de euros para galardóns aos gandeiros.
Non che perdas a vindeira feira! Esperámoste!
O movemento de animais e gandeiros xunto coa música, os postos de artesanía e o bo xantar, fan dela unha festa auténtica e moi nosa, pero que nos gusta compartir
Tamén organizamos Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, o momento perfecto para probar tapas e pratos cunha das carnes máis saudables do mundo
Ferrol. 60,5 quilómetros. 45 minutos collendo pola AG-64
Lugo. 74,3 quilómetros. 50 minutos collendo pola A-6
A Coruña. 86,2 quilómetros. 1 hora collendo pola AP-9 e AC-564
Santiago de Compostela. 129 quilómetros. 1 hora e 20 minutos collendo pola AP-9
Pontevedra. 158 quilómetros. 1 hora e 50 minutos collendo pola AP-9
Ourense. 172 quilómetros. 2 horas collendo pola N- 540
Vigo. 213 quilómetros. 2 horas e 15 minutos collendo pola AP-9
Xixón. 224 quilómetros. 2 horas e 5 minutos collendo pola A-8
Oviedo. 228 quilómetros. 2 horas e 10 minutos collendo pola A-8
Un mel escuro e de breixo
Cada mel ten o seu sabor, uso, propiedades e gusto, e o das colmeas de Muras é monofloral de breixo, un arbusto que se dá por toda Galicia e que ten esas pequenas e fermosas flores branca ou malvas. Os nosos produtores saben o difícil que é conseguir un mel desta calidade, pero consígueno.
Temos 25 explotacións apícolas dadas de alta, colmeas que moitas veces son un importante complemento económico para os gandeiros. E para dar a coñecer este excepcional mel o que se merece organizamos esta feira, cuxa primeira edición foi o 22 novembro de 2015. Aquí tedes un vídeo da edición de 2018.
Hai concursos de calidade do mel , degustacións , postos con artesanía e gastronomía, obradoiros para a cativada, música para ambientar… un plan perefecto para pasar unha fin de semana entretida.
XUNTANZA NO VIVEIRÓ
Á beira da coñecida Casa Cándida é o lugar escollido para esta cita gastronómica baixo carpa, onde poder probar e mercar mel directamente do produtor ou produtora. Non só hai apicultores: tamén veñen artesáns da Terra Chá cos seus “meleiros”, eses útis utensilios de madeira para apañar o escorregadizo doce, xunto con artesáns do coiro, da madeira, cesteiros, accesorios e complementos… Non falta unha selección de queixos como os da D.O galega San Simón da Costa –dos mellores acompañantes-, xunto a postos de empanadas, embutidos e licores, ademais dunha pulpeira. Os gaiteiros amenizan unha cita que todo o mundo disfruta.
Se ves ata a nosa Feira do Mel de Montaña poderás apuntarche para facer cursos, e obradoiros -hainos para grandes e pequenos-, acodir a algunha charla e gozar ao tempo que aprendes algo co oficio dos mellores cociñeiros galegos. Para os que non vivides nos arredores, é moi sinxelo chegar canda nós, pincha aquí para saber cómo.
O Concello de Muras está comprometido coa nosa terra e a nosa xente polo que reivindicamos as oportunidades que achega a vida no rural. E máis cando se fai de xeito sostible. Por iso decidimos colaborar coa Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha para crear a “Romaxe Artesá da Chaira” e axudar a manter vivos os nosos oficios achegándoos a quen valora o feito a man e o legado de séculos que atesoura. A primeira romaxe foi en maio de 2016 e, dado o éxito, repetimos cada ano :).
Que veredes
Cando veñades ata a Muras na vindeira romaxe Artesá da Chaira atoparédesvos cun espazo pensado para adultos e nenos. É un escaparate aberto para aprender a valorar a beleza dos oficios, con demostracións en vivo dos artesáns chairegos de cómo se traballan tecidos e granito, madeiras, metais, barro e vimbios. Obradoiros sobre cociña e artesanía e charlas sobre emprendemento sostible chaman a atención de moitos e moitas para ouvir de primeira man experiencias que funcionan.
Pódese tirar bo proveito dunha longa xornada de primaveira tanto á mañá como á tarde para ver, tocar, mercar, preguntar e aprender. E nun dos lugares máis bonitos de Muras: a fraga de A Veiga, á beira do río Eume cando pasa pola vila, rodeados de árbores e coa boa compañía da xente do corazón do Xistral.
Se vés en coche premede aquí para saber como chegar. Esperamos contar contigo na vindeira Romaxe, de seguro que repites! 😉
A comezos de novembro organízase unha cita deportiva nova -comezou en 2017- pero que xa reúne a máis de 300 atletas de toda España que a valoran pola beleza da paisaxe, polo bo ambiente e o espírito de competitividade dunha maratón que, no punto máis alto, acada os 1002 metros. Aquí tedes o link á web e un vídeo coa edición de 2018.
Os atletas de longa distancia pasan por espazos como A Gañidoira, Serra do Xistral e Río Eume nun trazado espectacular.
No Trail das Bestas de Muras hai categorías masculinas e femininas, son as seguintes para cada xénero:
E estas son as distancias das diferentes competicións.
Axudando coa organización, o Concello de Muras conta coa experiencia probada da empresa de actividades na natureza Marmar Outdoor, a firma de xestión de eventos deportivos Trackterace e tamén co apoio da Deputación de Lugo. Iso sin mencionar ás ducias de voluntarios e voluntarias cuxa axuda é inestimable no reparto de subministros aos competidores e competidoras e na loxística xeral. A organización ofrece fruta, barritas de cereais, xeles enerxéticos, agua e bebidas isotónicas. E ao final dunha dura mañá un bo plato quente para participantes e público, o que certamente agradécese…
Se es amante do running non o dubides e anota na túa axenda un oco para o vindeiro novembro.
A limpeza dos nosos ceos e as inmellorables condicións de visión que achegan fan que dende 2020 Muras sexa dos escasísimos espazos galegos que conta co selo da Fundación Starlight.
Dende o concello comezouse a traballar en conseguilo dende 2018, conscientes de gozar dun enclave que reúne excelentes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía. Por iso, ademais de iniciar as xestións para a obtención do selo, comenzáronse a organizar coa Sociedade Galega de Historia Natural acampadas nocturnas e obradoiros de astrofotografía para todos os públicos, familias incluídas. Unha das mellores experiencias que se poden vivir na nosa natureza.
O sistema de certificación non só acredita estes lugares senón que representa un exemplo de protección e conservación duns escenarios que teñen na observación do firmamento parte do seu patrimonio natural e científico. Muras decidiuse a proveitar a astronomía como ferramenta para un turismo sostible, respectuoso coa contorna e baseado nos principios recolleitos na “Declaración sobre a Defensa do Ceo Nocturno e o Dereito á Luz das Estrelas”, que facemos nosos.